+ "help": {
+ "title": "Axuda",
+ "welcome": "Benvido ó editor iD para o [OpenStreetMap] (https://www.openstreetmap.org/). Con este editor podes actualiza-lo OpenStreetMap de xeito directo dende o teu navigador.",
+ "open_data_h": "Abrir datos",
+ "open_data": "As edicións que faga neste mapa serán visíbeis para todos os que empreguen o OpenStreetMap. As edicións poden basearse no coñecemento persoal, relevo no terreo ou imaxes recollidas de imaxes aéreas ou da rúa. Copiar de fontes comerciais, coma o Google Maps, [está estrictamente prohibido](https://www.openstreetmap.org/copyright).",
+ "before_start_h": "Antes de que comeces",
+ "before_start": "Tería que estar familiarizado co OpenStreetMap e este editor antes de comezar a editar. O iD ten un titorial para ensinarlle os conceptos básicos da edición do OpenStreetMap. Prema en \"Inicia-lo titorial\" nesta pantalla para face-lo titorial - Só lle tomará uns 15 minutos.",
+ "open_source_h": "Código aberto",
+ "open_source": "O editor do iD é un proxecto colaborativo de código aberto e agora está a emprega-la versión {version}. O código fonte está dispoñíbel [no GitHub](https://github.com/openstreetmap/iD).",
+ "open_source_help": "Pode axudar ó iD [traducindo](https://github.com/openstreetmap/iD/blob/master/CONTRIBUTING.md#translating) ou [reportando erros](https://github.com/openstreetmap/iD/issues)."
+ },
+ "overview": {
+ "title": "Resumo",
+ "navigation_h": "Navegación",
+ "navigation_drag": "Pode arrastra-lo mapa premendo e mantendo premido o {leftclick} botón esquerdo do rato e movendo o rato. Tamén se pode emprega-las teclas de frecha `↓`, `↑`, `←`, `→` do teclado.",
+ "navigation_zoom": "Pode achegar ou afastar xirando a roda do rato ou o panel táctil, ou premendo nos botóns {plus} / {minus} á beira do mapa. Tamén se pode emprega-las teclas `+`, `-` do teclado.",
+ "features_h": "Características do mapa",
+ "features": "Empregamos a palabra *elementos* para describi-las cousas que aparecen no mapa, coma estradas, construcións ou puntos de interese. Calquera cousa do mundo real pode cartografarse coma un elemento no OpenStreetMap. Os elementos do mapa represéntanse empregando *puntos*, *liñas* ou *áreas*.",
+ "nodes_ways": "No OpenStreetMap, ós puntos ás veces chámaselles *nós*, e as liñas e áreas *vías* ou camiños."
+ },
+ "editing": {
+ "title": "Editar e gardar",
+ "select_h": "Seleccionar",
+ "select_left_click": "{leftclick} Faga clic co botón esquerdo nun elemento para seleccionalo. Isto resaltarao cun brilo pestanexante, e a lapela lateral amosará os detalles sobre ese elemento, coma o seu nome ou enderezo.",
+ "select_right_click": "{rightclick} Faga clic co botón dereito nun elemento para amosa-lo menú da edición que amosa as ordes ou comandos dispoñíbeis, coma rotar, mover e eliminar.",
+ "multiselect_h": "Selección múltiple",
+ "multiselect_shift_click": "`{shift}`+{leftclick} clic esquerdo para seleccionar varios elementos xuntos. Isto fai que sexa máis doado mover ou eliminar varios elementos.",
+ "multiselect_lasso": "Outro xeito de seleccionar varios elementos é manter premida a tecla `{shift}`, despois manter premido o {leftclick} botón equerdo do rato e arrastra-lo rato para debuxar un lazo de selección. Seleccionaranse tódolos puntos dentro da área do lazo.",
+ "undo_redo_h": "Desfacer e refacer",
+ "undo_redo": "As edicións almacénanse de xeito local no navigador até que escolla gardalas no servidor do OpenStreetMap. Para desfacer edicións, prema no botón {undo} **Desfacer** e volva a facelas cun clic no botón {redo} **Refacer**.",
+ "save_h": "Gardar",
+ "save": "Prema en {save} **Gardar** para remata-las mudanzas e envialas ó OpenStreetMap. Ten que lembrar garda-lo traballo de xeito frecuente!",
+ "save_validation": "Na pantalla de gardar tense a oportunidade de revisa-lo feito. O iD tamén fará algunhas verificacións básicas dos datos fallantes e pode fornecer suxestións e advertenzas útis se algo non semella correcto.",
+ "upload_h": "Subir",
+ "upload": "Antes de subi-las mudanzas, debe inserir un [comentario do conxunto de mudanzas](https://wiki.openstreetmap.org/wiki/Good_changeset_comments). Deseguido, prema en **Subir** para envia-las súas mudanzas ó OpenStreetMap, onde se mesturarán no mapa e serán públicamente visíbeis para todos.",
+ "backups_h": "Copias de seguridade automáticas",
+ "backups": "Se non consegue remata-las edicións dunha soa vez, por exemplo se a súa computadora falla ou pecha o navigador, as súas edicións aínda se manterán na memoria do navigador. Poderá voltar despois (empregando o mesmo navigador na mesma computadora) e o iD darálle a opción de restaura-lo seu traballo.",
+ "keyboard_h": "Atallos do teclado",
+ "keyboard": "Podes ollar unha listaxe de atallos do teclado premendo na tecla `?`."
+ },
+ "feature_editor": {
+ "title": "Editor preferido",
+ "intro": "O *editor de elemento* aparece xunto ó mapa, e permítelle ollar e editar toda a información do elemento escollido.",
+ "definitions": "A lapela de enriba amosa o tipo de elemento. A lapela central contén *campos* que amosan os atributos do elemento, coma o seu nome ou enderezo.",
+ "type_h": "Tipo preferido",
+ "type": "Pode facer clic no tipo de elemento para muda-lo elemento cara un tipo diferente. Todo o que existe no mundo real pódese engadir ó OpenStreetMap, polo que hai milleiros de tipos de elementos para elixir.",
+ "type_picker": "A escolla de tipos amosa os tipos de elementos máis comúns, coma parques, hospitais, restaurantes, estradas e construccións. Pode procurar calquera cousa escribindo o que está a procurar na caixa de procura. Tamén pode premer na icona {inspect} **Información** xunto ó tipo de elemento para obter máis información ó respecto.",
+ "fields_h": "Campos",
+ "fields_all_fields": "A lapela \"Tódolos campos\" contén tódolos detalles do elemento que pode editar. No OpenStreetMap, tódolos campos son opcionais, e está ben deixar un campo en branco se non está na certeza del.",
+ "fields_example": "Cada tipo de elemento amosará diferentes campos. Por exemplo, unha estrada pode amosar campos para a súa superficie e límite da velocidade, pero un restaurante pode amosar campos para o tipo da comida que serve e o horario no que está aberto.",
+ "fields_add_field": "Tamén pode facer clic no menú despregábel \"Engadir campo\" para engadir máis campos, coma unha descrición, ligazón á Wikipedia, acceso para cadeiras de rodas e demais.",
+ "tags_h": "Etiquetas",
+ "tags_all_tags": "Embaixo da lapela dos campos, pode expandi-la lapela \"Tódalas etiquetas\" para editar calquera das *etiquetas* do OpenStreetMap para o elemento escollido. Cada etiqueta ten unha *clave* e *valor*, elementos de datos que definen tódolos elementos almacenados no OpenStreetMap.",
+ "tags_resources": "Edita-las etiquetas dun elemento precisa dun coñecemento intermedio acerca do OpenStreetMap. Tería que consultar recursos coma a [Wiki do OpenStreetMap] (https://wiki.openstreetmap.org/wiki/Main_Page) ou o [Taginfo] (https://taginfo.openstreetmap.org/) para obter máis información sobre as prácticas ou costumes aceptadas de etiquetado do OpenStreetMap."
+ },
+ "points": {
+ "title": "Puntos",
+ "intro": "Os *puntos* pódense empregar para representar elementos coma tendas, restaurantes e monumentos. Marcan unha localización específica e descreben o que hai alí.",
+ "add_point_h": "Engadindo puntos",
+ "add_point": "Para engadir un punto, prema no botón {point} **Punto** na barra das ferramentas sobre o mapa, ou prema a tecla do método abreviado `1`. Isto trocará o cursor do rato cara un símbolo dunha cruz.",
+ "add_point_finish": "Para poñer o novo punto no mapa, poña o cursor do rato onde ten que ir o punto, despois {leftclick} faga clic co botón esquerdo do rato ou prema `Espazo`.",
+ "move_point_h": "Movendo puntos",
+ "move_point": "Para mover un punto, poña o cursor do rato sobre o punto e despois manteña premido o {leftclick} botón equerdo do rato mentres arrastra o punto cara a súa nova localización.",
+ "delete_point_h": "Eliminando puntos",
+ "delete_point": "Está ben elimina-los elementos que non se atopan no mundo real. Ó eliminar un elemento do OpenStreetMap, elimínase do mapa que todos empregan, polo que ten que estar na certeza de que o elemento en verdade non exista denantes de eliminalo.",
+ "delete_point_command": "Para eliminares un punto, {rightclick} faga clic co botón dereito no punto para escollelo e amosa-lo menú da edición, despois empregue a orde ou comando {delete} **Eliminar**."
+ },
+ "lines": {
+ "title": "Liñas",
+ "intro": "As *liñas* empréganse para representar características tales coma estradas, ferrocarrís e ríos. As liñas teñen que debuxarse no centro do elemento que representan.",
+ "add_line_h": "Engadindo liñas",
+ "add_line": "Para engadir unha liña, prema no botón {line} **Liña** na barra das ferramentas enriba do mapa, ou prema a tecla de método abreviado `2`. Isto trocará o cursor do rato cara un símbolo dunha cruz.",
+ "add_line_draw": "Deseguido, poña o cursor do rato onde debe comeza-la liña e {leftclick} faga clic co botón esquerdo do rato ou prema `Espazo` para comezar a poñer nós ó longo da liña. Prosegue poñendo máis nós faciendo clic ou premendo `Espazo`. Mentres debuxa, pode achegar ou arrastra-lo mapa para engadir máis detalles.",
+ "add_line_finish": "Para rematar unha liña, prema `{return}` ou faga clic de novo no derradeiro nó.",
+ "modify_line_h": "Modificando as liñas",
+ "modify_line_dragnode": "Decote verá liñas que non teñen a forma axeitada, por exemplo, unha estrada que non coincide cas imaxes do fondo. Para axusta-la forma dunha liña, primeiro faga clic co {leftclick} botón esquerdo para seleccionala. Tódolos nós da liña debuxaranse coma pequenos círculos. Deseguido, pode arrastra-los nós cara localizacións mellores.",
+ "modify_line_addnode": "Tamén pode crear novos nós ó longo dunha liña mediante {leftclick}**x2** facendo dobre clic na liña ou arrastrando os triángulos pequenos nos puntos medios entrambos nós.",
+ "connect_line_h": "Conectando as liñas",
+ "connect_line": "Te-las estradas conectadas de xeito correcto é importante para o mapa e esencial para fornecer indicacións de manexo.",
+ "connect_line_display": "As conexións entre estradas están debuxadas con círculos grises. Os puntos derradeiros dunha liña debúxanse con círculos brancos máis grandes se non se conectan a ren.",
+ "connect_line_drag": "Para conectar unha liña a otro elemento, arrastre un dos nós da liña ó outro elemento até que ámbolos dous se xunten. Consello: Pode manter premida a tecla `{alt}` para evitar que os nós se conecten a outros elementos.",
+ "connect_line_tag": "Se sabe que a conexión ten semáforos ou cruzamentos peonís, pode engadilos seleccionando o nó de conexión e empregando o editor de elementos para escolle-lo tipo de elemento axeitado.",
+ "disconnect_line_h": "Desconectando as liñas",
+ "disconnect_line_command": "Para desconectar unha estrada doutro elemento, {rightclick} faga clic co botón dereito no nó de conexión e escolla a orde ou comando {disconnect} **Desconectar** do menú da edición.",
+ "move_line_h": "Movendo as liñas",
+ "move_line_command": "Para mover unha liña enteira, faga clic {rightclick} botón dereito na liña e escolla a orde ou comando {move} **Mover** do menú da edición. Deseguido, mova o rato e faga clic co {leftclic} botón esquerdo para poñe-la liña nunha nova localización.",
+ "move_line_connected": "As liñas que están conectadas a outros elementos ficarán conectadas mentres mova a liña cara unha nova localización. O iD pode evitar que mova unha liña a través doutra liña conectada.",
+ "delete_line_h": "Eliminando as liñas",
+ "delete_line": "Se unha liña esta completamente incorrecta, por exemplo, unha rota que non existe no mundo real, está ben borrala. Teña coitadiño ó eliminar elementos: as imaxes do fondo que está a empregar poderían ficar desactualizadas, e unha estrada que semella estar mal podería sinxelamente estar recén construída.",
+ "delete_line_command": "Para eliminar unha liña, faga clic co {rightclick} botón dereito na liña para seleccionala e amosa-lo menú da edición, despois empregue a orde ou comando {delete} **Eliminar**."
+ },
+ "areas": {
+ "title": "Áreas",
+ "intro": "As **áreas** empréganse para amosa-los límites de elementos coma lagoas, edificios e áreas residenciais. As áreas teñen que debuxarse arredor da beira do elemento que representan, por exemplo, arredor da base dun edificio.",
+ "point_or_area_h": "Puntos ou áreas?",
+ "point_or_area": "Moitos elementos pódense representar coma puntos ou áreas. Ten que cartografa-los edificios e as contornas da propiedade coma áreas sempre que sexa posíbel. Poña puntos dentro da área do edificio para representar negocios, instalacións e outros elementos ubicados dentro do edificio.",
+ "add_area_h": "Engadindo áreas",
+ "add_area_command": "Para engadir unha área, prema no botón {area} **Área** na barra das ferramentas enriba do mapa, ou prema a tecla de método abreviado `3`. Isto trocará o cursor do rato cara un símbolo dunha cruz.",
+ "add_area_draw": "Deseguido, poña o cursor do rato nunha das esquinas do elemento e {leftclick} faga clic co botón esquerdo ou prema `Espazo` para comezar a colocar nós arredor do bordo exterior da área. Prosega poñendo máis nós faciendo clic ou premendo `Espazo`. Mentres debuxa, pode achegar ou arrastra-lo mapa para engadir máis detalles.",
+ "add_area_finish": "Para rematar unha área, prema `{return}` ou faga clic novamente no primeiro ou derradeiro nó.",
+ "square_area_h": "Esquinas cadradas",
+ "square_area_command": "Moitos elementos da área, coma edificios, teñen esquinas cadradas. Para encadra-las esquinas dunha área, faga clic {rightclick} co botón dereito na beira da área e escolla a orde ou comando {orthogonalize} **Encadrar** no menú da edición.",
+ "modify_area_h": "Modificando áreas",
+ "modify_area_dragnode": "Decote verá áreas que non teñen a forma axeitada, por exemplo, un edificio que non coincide cas imaxes do fondo. Para axusta-la forma dunha área, primeiro, faga clic no {leftclick} botón esquerdo do rato para seleccionala. Tódolos nós da área debuxaranse coma pequenos círculos. Deseguido, pode arrastra-los nós cara localizacións mellores.",
+ "modify_area_addnode": "Tamén pode crear novos nós ó longo dunha área mediante {leftclick} **x2** faciendo dobre clic no bordo da área ou arrastrando os triángulos pequenos nos puntos medios entrambos nós.",
+ "delete_area_h": "Eliminando áreas",
+ "delete_area": "Se unha área é completamente incorrecta, por exemplo, un edificio que non existe no mundo real, está ben que se elimine. Teña coitadiño ó eliminar elementos: as imaxes do fondo que está a empregar poden ficar desactualizadas, e un edificio que semella incorrecto podería sinxelamente estar recén construído.",
+ "delete_area_command": "Para eliminar unha área, faga clic co {rightclick} botón dereito na área para seleccionala e amosa-lo menú da edición, despois empregue a orde ou comando {delete} **Eliminar**."
+ },
+ "relations": {
+ "title": "Relacións",
+ "intro": "Unha *relación* é un tipo especial de elemento no OpenStreetMap que agrupa outros elementos. Os elementos que pertencen a unha relación chámanse *membros*, e cada membro pode ter un *rol* na relación.",
+ "edit_relation_h": "Editando as relacións",
+ "edit_relation": "Na beira inferior do editor de elementos, pode expandi-la lapela \"Tódalas relacións\" para ollar se o elemento escollido é membro dalgunha relación. Deseguido, pode facer clic na relación para seleccionala e editala.",
+ "edit_relation_add": "Para engadir un elemento cara unha relación, escolla o elemento e despois prema no botón {plus} engadir na lapela \"Tódalas relacións\" do editor de funcións. Pode elixir dunha listaxe de relacións pretas, ou elixi-la opción \"Nova relación...\".",
+ "edit_relation_delete": "Tamén pode premer no botón {delete} **Eliminar** para elimina-lo elemento escollido da relación. Se elimina tódolos membros dunha relación, a relación eliminarase de xeito automático.",
+ "maintain_relation_h": "Mantendo as relacións",
+ "maintain_relation": "Na súa meirande parte, o iD manterá relacións de xeito automático mentres edita. Debe ter coidado ó substituí-los elementos que poderían ser membros das relacións. Por exemplo, se elimina un treito da estrada e debuxa un novo treito da estrada para substituíla, ten que engadi-lo novo treito ás mesmas relacións (rotas, restricións de xiro, etc.) que a orixinal.",
+ "relation_types_h": "Tipos de relacións",
+ "multipolygon_h": "Multipolígonos",
+ "multipolygon": "Unha relación *multipolígono* é un grupo duns ou máis elementos *externos* e un ou máis elementos internos. Os elementos externos definen as beiras exteriores do multipolígono, e os elementos internos definen subáreas ou buracos recortados dende o interior do multipolígono.",
+ "multipolygon_create": "Para xerar un multipolígono, por exemplo, un edificio cun buraco, debuxe o bordo externo coma unha área e o bordo interior coma unha liña ou un tipo diferente da área. Despois `{shift}`+{leftclick} faga clic co botón esquerdo para seleccionar ambos elementos, faga clic co {rightclick} botón dereito no menú para amosa-lo menú da edición e escolla a orde ou comando {merge} **Combinar**.",
+ "multipolygon_merge": "Combinar varias liñas ou áreas xerará unha nova relación multipolígono con tódalas áreas escollidas coma membros. O iD elixirá os roles internos e externos de xeito automático, en función dos elementos que se atopan dentro doutros elementos.",
+ "turn_restriction_h": "Muda-las restricións",
+ "turn_restriction": "Unha relación de *restrición de xiro* é un grupo de varios segmentos de camiño nun cruzamento. As restricións de xiro constan dun camiño *dende*, nó ou estradas *vía*, e un camiño *até*.",
+ "turn_restriction_field": "Para editar restricións de xiro, seleccione un nó de unión onde dous ou máis camiños se crucen. O editor de elementos amosará un campo especial \"Restricións de xiro\" que contén un modelo de cruzamento.",
+ "turn_restriction_editing": "No campo \"Restricións de xiro\", faga clic para escoller un camiño \"dende\", e vexa se os xiros están permitidos ou restrinxidos a calquera das estradas \"até\". Pode facer clic nas iconas de xiro para trocar entre permitido e restrinxido. O iD xerará relacións de xeito automático e estabelecerá os dende, vía e roles segundo as súas escollas.",
+ "route_h": "Rotas",
+ "route": "Unha relación *Rota* é un grupo dun ou máis elementos de liña que xuntas forman unha rede de rotas, coma unha rota de bus, unha rota de tren ou unha rota de estrada.",
+ "route_add": "Para engadir un elemento a unha relación de rota, seleccione o elemento e desprácese cara embaixo á lapela \"Tódalas relacións\" do editor de elementos, despois prema no botón {plus} engadir para engadir este elemento a unha relación preta existente ou a unha nova relación.",
+ "boundary_h": "Fronteiras",
+ "boundary": "Unha relación *límite* é un grupo dun ou máis elementos de liña que xuntas forman un límite administrativo.",
+ "boundary_add": "Para engadir un elemento a unha relación de límite, seleccione o elemento e desprácese cara embaixo á lapela \"Tódalas relacións\" do editor de elemento, despois prema no botón {plus} engadir para engadir este elemento a unha relación preta existente ou a unha nova relación."
+ },
+ "notes": {
+ "title": "Notas",
+ "intro": "As *Notas* empréganse para a dár unha sinal de aviso a outros usuarios de que un elemento ten ser corrixido ou precisa dunha atención. As notas sinalan unha localización específica no mapa. Para olla-las notas existentes ou engadir novas, prema na lapela {data} **Datos do mapa** para activa-la capa das notas do OpenStreetMap.",
+ "add_note_h": "Engadir notas",
+ "add_note": "Para engadir unha nova nota, prema no botón {note} **Nota** na barra das ferramentas enriba do mapa, ou prema na tecla de atallo `4`. Isto trocará o cursor do rato cara un símbolo dunha cruz. Para poñe-la nova nota no mapa, poña o cursor do rato onde debe ir a nota, despois faga clic co {leftclick} botón esquerdo do rato ou prema `Espazo`.",
+ "move_note": "Só pódense move-las notas novas. Para mover unha nota, poña o cursor do rato sobre a nova nota, despois prema e manteña premido o {leftclick} botón esquerdo do rato mentres arrastra a nota cara á súa nova localización.",
+ "update_note_h": "Peche, volve abrir e comenta",
+ "update_note": "Unha nota existente pódese actualizar pechándoa, voltando a abrila o engadíndolle un comentario. Pechar unha nota indica que o problema foi resolto. A reapertura dunha nota indica que o problema orixinal non está resolto.",
+ "save_note_h": "Gardar notas",
+ "save_note": "Debe garda-las edicións de notas de xeito individual premendo nos botóns que se atopan debaixo dos comentarios da nota. As edicións de nota **non** se inclúen nos conxuntos de mudanzas que se soben ó OpenStreetMap."
+ },
+ "imagery": {
+ "title": "Imaxes do fondo",
+ "intro": "As imaxes do fondo que aparecen embaixo dos datos do mapa son un recurso importante para o cartografado. Estas imaxes poden ser imaxes aéreas recompiladas de satélites, avións e avións non tripulados ou drons, ou poden escanearse mapas históricos ou outros datos de orixe dispoñíbeis libremente.",
+ "sources_h": "Fontes de imaxes",
+ "choosing": "Para ollar que fontes de imaxes están dispoñíbeis para editar, prema no botón {layers} **Axustes do fondo** no costado do mapa.",
+ "sources": "De xeito predeterminado, escóllese a capa de satélite [Bing Maps](https://www.bing.com/maps/) coma imaxe do fondo. Dependendo de onde esté editando, outras fontes de imaxes estarán dispoñíbeis. Algunhas poden ser máis recentes ou ter unha resolución máis alta, polo que sempre é útil verificar que capa é a mellor para empregar coma referenza do cartografado.",
+ "offsets_h": "Axusta-lo desprazamento das imaxes",
+ "offset": "As imaxes ás veces están lixeiramente desprazadas con respecto ós datos precisos do mapa. Se olla unha grande cantidade de estradas ou edificios desprazados das imaxes do fondo, pode ser que as imaxes sexan incorrectas, polo que non as mova para que coincidan co fondo. No seu lugar, pode axusta-lo fondo para que coincida cos datos existentes ó expandi-la lapela \"Axustar desprazamento das imaxes\" na beira de embaixo da lapela dos Axustes do fondo.",
+ "offset_change": "Prema nos triángulos pequenos para axusta-lo desprazamento das imaxes en pequenos anacos, ou manteña premido o botón esquerdo do rato e arrastre dentro do cadrado gris para esborrexe-las imaxes cara a aliñación."
+ },
+ "streetlevel": {
+ "title": "Imaxes ó nivel da rúa",
+ "intro": "As imaxes a nivel da rúa son útis para cartografar sinais de tráfico, negocios e outros detalles que non se poden ollar dende imaxes satelitais e aéreas. O editor do iD admite imaxes a nivel da rúa do [Bing Streetside](https://www.microsoft.com/en-us/maps/streetside), [Mapillary](https://www.mapillary.com) e [OpenStreetCam](https://www.openstreetcam.org).",
+ "using_h": "Estasen a emprega-las imaxes ó nivel da rúa",
+ "using": "Para empregar imaxes a nivel da rúa para cartografar, prema na lapela {data} **Datos do mapa** no costado do mapa para habilitar ou deshabilita-las capas de imaxes dispoñíbeis.",
+ "photos": "Cando está habilitada, a capa da imaxe amosa unha liña ó longo da serie de imaxes. Nos niveis do achegamento máis altos, indícase cun círculo en cada imaxe a ubicación, e nos niveis do achegamento aínda máis altos, indícase cun cone a dirección que á que ficou mirando a cámara cando se tomou a imaxe.",
+ "viewer": "Cando preme nunha das ubicacións das imaxes, aparece un visor de imaxes na esquina de embaixo do mapa. O visor de imaxes contén controis para ir cara avante e voltar na secuencia das imaxes. Tamén amosa o nome do usuario da persoa que fixo a imaxe, a data na que foi feita e unha ligazón para olla-la imaxe no sitio orixinal."
+ },
+ "gps": {
+ "title": "Pistas de GPS",
+ "intro": "As pistas do GPS recompiladas son unha valiosa fonte de datos para o OpenStreetMap. Este editor admite ficheiros * .gpx *, * .geojson * e * .kml* na súa computadora local. Pode recompilar pistas do GPS cun teléfono móbil intelixente, reloxo deportivo ou outro aparello GPS.",
+ "survey": "Para obter información sobre de que xeito facer un relevamento con GPS, lea [Cartografado cun teléfono móbil intelixente, GPS ou papeis](http://learnosm.org/en/mobile-mapping/).",
+ "using_h": "Usando as pistas de GPS",
+ "using": "Para empregar unha pista do GPS para o cartografado, arrastre e solte o ficheiro dos datos no editor de mapas. Se recoñéceo, debuxarao no mapa coma unha liña violeta brilante. Prema na lapela {data} **Datos do mapa** na beira do mapa para habilitar, deshabilitar ou achega-los seus datos do GPS.",
+ "tracing": "A pista do GPS non se envía ó OpenStreetMap; a mellor maneira de empregala é debuxar no mapa empregándoa coma unha guía para os novos elementos que engada.",
+ "upload": "Tamén pode [carrega-los datos do GPS ó OpenStreetMap](https://www.openstreetmap.org/trace/create) para que os empreguem outros usuarios."
+ },
+ "field": {
+ "restrictions": {
+ "title": "Axuda das restricións de xiro",
+ "about": {
+ "title": "Acerca de",
+ "about": "Este campo permíteche inspeccionar e modificar restricións de xiro. Amosa un modelo do cruzamento escollido, incluíndo outras estradas conectadas próximas.",
+ "from_via_to": "Unha restrición de xiro sempre contén: unha **vía DENDE**, unha **vía CARA A** e un **nó A TRAVÉS DE** ou unha ou varias **vías A TRAVÉS DE**.",
+ "maxdist": "Os controis do desprazamento \"{distField}\" controla até onde se vai procurar por máis estradas conectadas.",
+ "maxvia": "Os controis do desprazamento \"{viaField}\" axusta cantas vías intermedias poden ser incluídas na procura. (Consello: canto máis sinxelo, mellor)"
+ },
+ "inspecting": {
+ "title": "Inspeccionar",
+ "about": "Sitúate sobre calquera segmento **DENDE** para ver se ten restricións de xiro. Cada destino **CARA A** posíbel debuxarase cunha sombra coreada indicando se existe algunha restrición de xiro.",
+ "from_shadow": "{fromShadow} **segmento DESDE**",
+ "allow_shadow": "{allowShadow} **CARA A permitido**",
+ "restrict_shadow": "{restrictShadow} **CARA A prohibido**",
+ "only_shadow": "{onlyShadow} **CARA A obrigatorio**",
+ "restricted": "\"Prohibido\" significa que hai unha restrición de xiro, por exemplo \"Prohibido xirar á esquerda\".",
+ "only": "\"Obrigatorio\" significa que un vehículo que entre no cruzamento só poderá ir por esa rota, por exemplo \"Obrigatorio seguir recto\"."
+ },
+ "modifying": {
+ "title": "Modificar",
+ "about": "Para modifica-las restricións de xiro, primeiro fai clic en calquera anaco **DENDE** para seleccionalo. O anaco seleccionado resaltarase, e tódolos destinos **CARA A** posíbeis amosaranse coma símbolos de xiro.",
+ "indicators": "Logo, fai clic nun símbolo de xiro para alternalo entre \"Permitido, \"Prohibido\" e \"Obrigatorio\".",
+ "allow_turn": "{allowTurn} **CARA A permitido**",
+ "restrict_turn": "{restrictTurn} **CARA A prohibido**",
+ "only_turn": "{onlyTurn} **CARA A obrigatorio**"
+ },
+ "tips": {
+ "title": "Consellos",
+ "simple": "**Intenta usar restricións simples en lugar de restricións máis complexas.**",
+ "simple_example": "Por exemplo, se podes estableceres o elemento intermedio sinxelamente cun nó, evita facelo cunha vía.",
+ "indirect": "**Algunhas restricións amosan o texto \"(indirecta)\" e aparecen cunha cor máis feble.**",
+ "indirect_example": "Estas restricións existen debido a outra restrición cercana. Por exemplo, unha restrición de \"Obrigatorio seguir recto\" creará indirectamente restricións de \"Prohibido xirar\" para tódalas demais rotas do cruzamento.",
+ "indirect_noedit": "Non podes modificar restricións indirectas. En lugar diso, modifica a restrición directa próxima."
+ }
+ }
+ }